Get Out of the Car & Early Films

When:
April 6, 2018 @ 6:00 pm – 8:00 pm
2018-04-06T18:00:00+01:00
2018-04-06T20:00:00+01:00
Where:
CGAI
Rúa Durán Loriga
10, 15003 A Coruña
Spain
Cost:
€1.20 / €0.60 concessions

Melting
+ Olivia’s Place
+ — ——- (The Rock and Roll Movie)
+ Get Out of the Car

Thom Andersen, Melting, 1965, 6 min
Thom Andersen, Olivia’s Place, 1966/74, 6 min
Thom Andersen & Malcolm Brodwick, — ——-, 1967, 11 min
Thom Andersen, Get Out of the Car, 2010, 34 min

Melting
Melting mostra a natural e monoestrutural desintegración dun sundae de amorodo, o seu paso da rixidez á flaccidez, de ser algo comestible a ser lixo. A culler que fica no prato refírese á presenza humana, que espía tras a pantalla e declina interferir co que transpira. (LUX)
Olivia’s Place
Pode que Olivia non sentise a necesidade de mudar, mais o mundo ao redor dela non se sentía atado a un sentimento tan pouco práctico. A casa de Olivia xa non existe. O lugar onde se atopaba é unha sorte de praza agora, situada entre dúas grandes e vellas casas de madeira que instalaron aló dende outra parte da cidade. Nunha delas hai un restaurante e na outra atópase o California Heritage Museum. (Morgan Fisher)
 
— ——-

Un documental sobre rock ‘n’ roll. The Canned Heat, City Lights, Seeds of Time, LA Tymes, Llyn Foulkes, Charlie Watts, Chris & Craig, Duke of Earl, Seeburg, Wurlitzer, The Trip, The Lynch Bldg, Top’s, Pandora’s Box, Maverick’s Flat, un patio traseiro. Disturbio na célula de contención nove, disturbio en Sunset Strip. Un bólido, insire moeda, carreira de carts, ese club no que me rabuña unha gata. Hound Dog Man, King Creole. Kim Weston, The Shangri-Las, The Supremes, Earl – Jean. The Rainbows, Wolfman Jack, Ernie Bushmiller, Jimmy Reed, Ray Charles, The Who, The Coasters. Estamos na encrucillada do amor. Fats Domino, Chuck Berry, John Cale, Screaming Jay Hawkins, Howlin Wolf, James Brown – The King. Reclama esa cera. Frankie Avalon, The Beatles, The Yardbirds, Great Balls of Fire, unha pista temperá a un novo destino. De pé, camiña, salta, baila, canta, fai surf. Radio, gramolas, pinball, poolhall. Mick Jagger/Earth Angel. Material documental organizado cunha estrutura predeterminada. Unha secuencia de ecuacións imaxe-son con termos elixidos ao azar: verticalmente, – está completamente estruturada, horizontalmente, está feita completamente ao azar. Un pastiche cinematográfico, a parodia da montaxe. (Thom Andersen)

 
Get Out of the Car
A sinfonía dunha cidade composta de cartaces publicitarios, fachadas de edificios, fragmentos de música e conversas e lugares que non figuran nos mapas de desaparecidas referencias culturais. O filme é un intento de descubrir que se pode tirar do ambiente e da historia dos Ánxeles a través destes fragmentos. (LUX)